Thursday 02 de May de 2024

O Museo Casares Quiroga acolle ata o día 28 de maio o II Salón de Primavera da Asociación de Artistas


A mostra, coa que a asociación réndelle homenaxe a Picasso, recolle unha gran variedade de estilos e técnicas

A Casa Museo Casares Quiroga acolle ata o próximo 28 de maio o II Salón de Primavera da Asociación de Artistas da Coruña, que reunirá obras de 27 autores diferentes.

A mostra recolle unha gran variedade de estilos e técnicas que conviven no propio seo da asociación promotora da exposición, que organiza en colaboración coa área de Cultura do Concello. Con esta mostra, a Asociación de Artistas réndelle, ademais, homenaxe a Pablo Ruíz Picasso.

Poderanse ver óleos, acrílicos e traballos en carbón dentro das diferentes obras que se exporán na que é unha das principais citas da tradicional asociación coruñesa, cunha longa traxectoria e importancia durante case os noventa anos da súa existencia. En todo caso, a exposición presenta un visionado cheo de sensacións íntimas e sensibilidades de cada artista cos que pretenden emocionar os visitantes

Os artistas participantes nesta edición son Francisco Ascón Callejo, Jaime Muinelo Grueira, Angeles Bello Álvarez, Rebeca Novo Castro, Mary Carmen Calviño Iglesias, Marcial Jesús Ortiz Martin, Florian Joaquín Castiñeira Bermúdez, Franciso Rogelio Otero Parra, Luis Francisco Colino Incera, Pilar Pastoriza González, Antonio Cuadrado González, Ricardo Pena Cagiao, Maria José de Andrés Cores, Fernando Rivera Frade, María José Fiaño Lois, Maria Luisa Rodríguez García, Maria José Freire Cisneros, María Jesús Sarandeses Fernández, Francisco García Ibarra, María del Carmen Torreiro Caridad, Ulpiano Guitian Freire, José Antonio Varela Busto, Teresa López Ameijeiras, Dolores Vega Rodríguez, María del Pilar López, Miguel Zelada Jurado e Antonio López Porter

O horario de visita establecido é de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 20.00, de martes a sábado, e de 12.00 a 14.00, domingos e festivos.